- Start
- Crazy
Crazy
Angebote / Angebote:
Cando Benjamin cumpre dezaseis anos inicia a experiencia do seu quinto internado. Botárono dos catro centros anteriores. Benjamin, que padece unha parálise parcial no lado esquerdo do seu corpo, non é feliz con ter que deixar a súa familia e é moi escéptico sobre as posibilidades de mellorar as súas malas cualificacións. Todo mudará cando coñece a Janosch, ao seu carismático compañeiro de cuarto, e a toda a súa panda de amigos que o seguen por todas partes. Benjamin comezará, entón, a sentir que encaixa no seu novo grupo e compartirá con eles aventuras prohibidas: desde visitas ao cuarto das rapazas ou escapadas a clubes de strip-tease. Están aprendendo e tratando de interpretar a súa vida aos dezaseis anos. Nestas páxinas hai un mozo aprendendo o que son os amigos, as rapazas, e cómo atopar o mellor camiño nun mundo tolo sendo el mesmo un tolo. ¿Crazy¿ é, pois, unha novela en clave autobiográfica que narra a historia dun adolescente cunha minusvalía física que vive marcado polo fracaso escolar. ¿O maior logro desta novela é que está escrita por un rapaz de dezaseis anos e é absolutamente crible.¿ (¿New York Times Book Review¿). ¿A voz de Lebert é seductora dende a primeira páxina e as súas observacións tan enxeñosas como sinxelas fan deste libro unha impresionante primeira novela dun xove escritor con moito talento¿ (¿Booklist¿). ¿Crazy é unha novela fresca, chea de enerxía, despiadadamente consciente.¿ (¿Der Spiegel¿).
Fremdlagertitel. Lieferzeit unbestimmt