- Start
- EuroComRom - As sete peneiras
EuroComRom - As sete peneiras
Angebote / Angebote:
Non é preciso ter coñecementos previos de catalán, nin sequera cómpre saber que se trata dun texto en lingua catalá, para comprender en termos globais e xenéricos o sentido das palabras transcritas enriba.
O método EuroCom demóstralle ao que aprende que grazas á súa lingua-nai pode facilmente entender textos noutras linguas da mesma familia lingüística, linguas que ata o momento lle resultaban descoñecidas.
Na orixe do método EuroCom está unha reflexión profunda sobre a posibilidade de utilizar a riqueza dos lazos de parentesco entre as linguas dunha mesma familia para minimizar significativamente o esforzo da aprendizaxe.
O obxectivo da estratexia EuroCom é o de promover o plurilingüismo en Europa, sobre todo a través do desenvolvemento de competencias receptivas (de lectura) en diversas linguas simultaneamente.
EuroCom non abre as portas só a unha lingua estranxeira (como normalmente sucede no ensino tradicional), senón a todas as linguas dunha mesma familia lingüística (sexa a románica, a xermánica ou a eslava).
O método EuroCom fai posible a realización dos obxectivos establecidos pola Comisión Europea relativos á aprendizaxe de linguas estranxeiras:
. diversificación das linguas ensinadas
. diversificación das competencias lingüísticas dos europeos, con especial desenvolvemento das súas competencias receptivas
. asegurarlles unha presenza ás linguas pouco ensinadas ata agora e ás chamadas linguas minoritarias en todas as escolas europeas
A presente versión galega de EuroCom diríxese a un público galego non especializado, e debe ser entendida como unha contribución para mellorar a intercomunicación - e comprensión mutua - entre os europeos, nomeadamente entre aqueles que falan as linguas románicas aquí tratadas.
Libri-Titel folgt in ca. 2 Arbeitstagen