info@buecher-doppler.ch
056 222 53 47
Warenkorb
Ihr Warenkorb ist leer.
Gesamt
0,00 CHF
  • Start
  • Quen matou o Cantino? : o 36 no Concello de Noia

Quen matou o Cantino? : o 36 no Concello de Noia

Angebote / Angebote:

Encuadernación: Rústica Colección: CronicaRamón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo. En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración. Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.
Fremdlagertitel. Lieferzeit unbestimmt

Preis

31,50 CHF

Artikel, die Sie kürzlich angesehen haben